domingo, 15 de enero de 2012

Unidade 4: DESCARTES, LOCKE e HUME


1ª Parte: Cuestión contextual (2,5)     
  1. Renacemento e Reforma.
  2. A vinculación do empirismo e o racionalismo ca revolución científica.
  3. Contextualización (Fonte: WEBDIANOIA):
    1. Descartes
    2. Hume
    3. Locke
    2ª Parte: Comprensión (6)                             


    2 comentarios:

    1. No apartado "A idea de Deus e o atributo de veracidade" non entendo ben en que consiste o"argumento ontoloxico"nin como Descartes demostra a veracidade de Deus. Tampouco queda claro a facultade activa coa que explica esa"substancia ou realidade corpórea ou extensa que é diferente da substancia pensante(eu mesmo)". Moitas gracias Xavi!

      ResponderEliminar
    2. Ola Iria,

      Sintoo, tiña o teu correo no spam.
      1. Con relación ao argumento ontolóxico:
      O argumento non ven explicado detalladamente nos apuntamentos. Considerei que non era necesario dada a extensión da cuestión. Pero cóntocho. O argumento ontolóxico procede de san Anselmo (s.XII) e desenvólvese do seguinte xeito: Anselmo -como Descartes- parte da definición de Deus: "aquilo maior que o cal nada pode ser pensado", é dicir, afirmando a súa perfección absoluta. A partir desta definición Anselmo deduce que a idea dun ser así está presente na nosa mente (creamos ou non nel). Do que se trata, sen embargo, é de demostrar que Deus existe non só como idea na nosa mente senón como ente na realidade. Para demostrar a existencia real de Deus, Anselmo/Descartes recurren á redución ao absurdo, que consiste en suponer o contrario do que queren demostrar e deducir unha contradición, a partir de dito suposto, que nos permita negalo. É dicir, se supoñemos que Deus non existe na realidade (o contrario do que quero demostrar), e somos capaces de deducir a partir de dito suposto unha contradición, teremos demostrada a falsedade do suposto e poderemos negalo (xa sabes que son falsas as contradicións e aquelas proposicións das que se deduce unha contradición). Para entendernos, se a partir do suposto de que "Deus non existe na realidade" deduzo unha contradición entón o suposto é falso e, polo tanto, verdadeiro o contrario ("Deus existe na realidade"), que é o que se pretende. Neste caso cal sería a contradición que me permitiría negar o suposto e, polo tanto, afirmar a existencia real de Deus?. Explico: se supoñemos que Deus non existe na realidade entón temos que recoñecer que Deus é e non é (contradición) "aquilo maior que o cal nada pode ser pensado" (definición do punto de partida), pois sendo así, eu podería pensar un ser maior que el (un que ademais de existir na miña mente como idea, exista na realidade como ser). Deste xeito teremos demostrada a existencia de Deus pero non só. Se partimos da idea dun ser perfectísimo e supoñemos que non é veraz (é dicir, que minte) chegaremos a unha contradición semellante; pois Deus sería (segundo reza a definición do punto de partida) e ao mesmo tempo non sería (segundo a suposición da súa falta de veracidade) un ser perfectísimo. Como do suposto séguese unha contradición temos que cuncluir que é falso e, polo tanto, verdadeiro o contrario: Deus é veraz, non minte.

      2. Respecto da "capacidade pasiva de sentir".

      Que posuimos a capacidade de recibir ideas adventicias (imprensións, diría Hume) é obvio, pois efectivamente "recibimos" constantemente información dunha realidade que, en principio, supoñemenos diferente de nós, externa a nós. O problema, xa que logo, non ten que ver con esa "capacidade pasiva" senón, máis ben, como a "capacidade activa", é dicir, coa causa productora de tales ideas. Descartes se plantexa se podo ser eu mesmo a causa de tales ideas ou se pode selo Deus. A primeira posibilidade temos que descartala pois, como argumenta o autor, estas ideas acoden a miña mente as veces sen o concurso da miña vontade. A segunda descartarémola tamén pois, como acabamos de demostrar, Deus é veraz (non nos minte), é como nos ten creado coa inclinación a pensar que tales ideas son producidas por unha realidade corpórea diferente da realidade espiritual que son eu mesmo, nos mentiría se non fose así.

      Se tes algunha outra pregunta aquí me tes.

      Saúdos

      ResponderEliminar